///NOVAS///CONCERTOS///MÚSICA///FOTOS///VIDEO///BANDAS///LIGAZÓNS///F.A.Q.///                                     

02/01/17

TOP 20 RAMALLOSA ROCK CITY 2016


Aquí está un clásico do nadal moderno: con todos vós o Top 20 Ramallosa Rock City 2016, comentando a xogada dos discos que máis me molaron deste pasado ano.

Sinto a tardanza, pero desta volta non puiden dedicarlle todo o tempo que quixera. Como curiosidade, este ano os convocados foron escollidos dunha lista de máis de 50 discos publicados este ano. Ademáis, se queredes ver os tops dos anos anteriores, só tedes que pinchar nos enlaces (2013, 2014, 2015).

Sen máis, ahí o vai, agardo que vos preste e que o 2017 veña cheo de discos caralludos!













--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------



⑳ Metallica - Hardwired...to Selfdestruct
Comezamos o ranking cun disco que deu moito que falar na súa saída. No aspecto musical, vemos a uns Metallica moi cercanos á época do Kill´em all ou Ride the Lightning por momentos, simplificando moito as cancións respecto do seu anterior traballo Death Magnetic. Outras pezas sorprendentemente tiran máis cara o estilo Load/Reload onde vemos as influencias de Black Sabath e Alice in Chains. James Heatfield neste traballo está de 10, a nivel vocal como na guitarra, non se pode dicir o mesmo de Hammett o Ulrich. Costoume pillarlle o rollo nun primeiro momento, pero acabei enganchado como cando era máis novo. O problema quizáis está en que como en moitos traballos dobres, hai algo de recheo, e aínda que no 1º CD hai temas caralludos, non tanto no 2º, que brillan menos, quitando Spit out the Bone (que é a mellor do disco). Simplificando o número de cancións houberalles quedado un disco caralludo. 

O poder de convocatoria que posúe Metallica é innegable, ninguén permaneceu ao marxe, e penso que ahí reside a verdadeira grandeza deste traballo, xa que a dia de hoxe unha banda de metal levante semellante repercusión tras tantos anos de carreira coma eles paréceme un feito moi destacable.
⑲ Gojira - Magma
Cando vin ao cuarteto francés en directo este ano no Resurrection Fest flipei mogollón, pareceronme unha puta apisonadora. En cd nunca me engancharan, pero velos ao vivo foi o empuxón que me faltaba. En Magma a banda baixa un pistón respecto en agresividade e introducen algún aspecto máis melódico e ambiental pero sempre dende o seu particular e persoal modo de facer música, deixándonos un disco de metal que te absorbe na súa atmósfera facendote viaxar a un universo paralelo.






⑱ Dream Theater - The Ashtonishing
Dende que entrou Mike Mangini no grupo, ningún traballo publicado por Dream Theater conseguira engancharme, notábaos faltos de forza. Por sorte neste The Ashtonishing conseguiron que volvera a prestarlles atención. O traballo é unha complexa obra conceptual nun ubicado nun futuro distópico. Aproveitando este trasfondo a banda da renda solta a todo o seu arsenal, soando menos progresivos e máis sinfónicos para meternos máis dentro da historia que están contando. É un traballo longo, divido en dous cd´s e cunha chea de interludios musicais, atopamos momentos musicais duros e técnicos, pero non foi iso o que enganchou senón as melodías que por momentos soan cercanas ao Scenes from a Memory Pt.2






⑰ Megadeth - Dystopia
Cunha portada e temática moi similar ao The Ashtonishing de Dream Theater (casualidade?) Mustaine redímese do feito no anterior traballo Supercollider (Risk II) e volve ao que mellor se lle da facer: metal. Como novidade, atopamos un cambio de formación coa incorporación de Chris Adler de Lamb of God e Kiko Loureiro de Angra que supón un sopro de aire fresco. Houbo rumores de volta á formación orixinal da banda, pero supoño que non habería un acordo económico. Pese a que os fichaxes foron bos, foi unha pena que non se notara máis a pegada persoal de cada un, pero supoño que Mustaine non estaba pola labor de experimentar demasiado. Ao caso, atopamos unha volta ao trash cunha producción moderna, temas con gancho e guitarreo ao tope como Dystopia ou The Emperor que mostran que os Megadeth aínda pode facer traballos moi disfrutables!



⑯ The Hotelier - Goodness
Moi bo descubrimento con esta banda. Guitarras limpas con moita actitude punk e temática emocional. Ao escoitalo quedei enganchado de contado e  tiven que poñelo en bucle unhas cantas veces máis. O traballo está dividido en tres partes, que se separan por fragementos instrumentais con nomes de coordenadas GPS. Se queredes descubrir máis botádelle unha escoita a Goodness Pt.2, Piano Player ou Soft Animal.







⑮ Syberia - Resilency
Novo traballo dos cataláns Syberia, do que tiven a sorte de disfrutar en directo na Nave 1839 de Coruña. Seguen coa súa proposta de post-rock instrumental na que sen grandes artificios conseguen un gran sonido e múltiples capas que invitan a sumerxirte dentro das pezas. Un traballo que disfrutei moito.







⑭ Triángulo de Amor Bizarro - Salve Discordia
Gran disco dos de Exipto onde tentan ofrecer unha nova volta de tuerca ao seu sonido, desta volta cunha temática chea de profecías Sumerias. Así o atopamos "Desmadre Estigio" mostrándonos as súas intencións, cun aire reggae/dub que desencadena nun final frenético para enganchar coas seguintes pezas, máis na onda habitual onde atopamos distorsión a raudales e boas doses de noise rock. Por outra banda en "Baila Sumeria" atopamos a vertente máis New Order de TAB. Tamén atopamos temazos como "Nuestro siglo Fnord" e a miña favorita do disco (e tamén a do señor Anxo Firmistáns Nazón) "Barca Quemada".





⑬ Malandromeda - Cada can que lamba o seu carallo / Os 48 nomes do inimigo
O seu último LP de estudio era de 2011, e o Hevi xa nos tiña cos dentes largos, pero a espera valeu a pena, xa que de repente veu con dous vinilazos debaixo do brazo. Atopámonos ante dous traballos densos, cada un coas súas peculiaridades. Eu interpreto que "Cada can..." ofrece a vertente máis festeira, con hits instantáneos como "Que Prea", "Máis Millor", "Bótalle Caldo", "Golibuz" ou "Levaetrae"e "Os 48 nomes..." o lado máis experimental e melancólico, onde destacan "Encontro con !@#$%!!", "VHS do futuro" repleta de grandes sintes ou "Internete non existe". Vangarda musical europea from Chaián!














⑫ Familia Caamagno - Para unha vez que saimos
Que alegría poder incluír neste rankin de novo a estes ghuardiáns de Sigüeiro. "Para unha vez que saímos" traénos seis novos temazos, cun estilo quizáis máis coidado e refinado que no anterior traballo e cun aire sixties máis marcado grazas á producción de Jorge Explosión. De todas formas o espirito Caamagno segue ahí e a cancións seguen transmitindo festa e un ton desenfadado, as miñas favoritas "Lausanne (on my mind)" e "O tempo do Lobo".







⑪ Caxade - E isto é o amor
Caxade volve con forza neste novo disco, que de inmediato se converteu no meu favorito da súa discografía. Vemos cómo se acentúa máis a vertente "indie", sen que os elementos folk queden nun segundo plano, senón todo o contrario, xa que os arranxos musicais son brillantes e inxeniosos, mesmo introducen algun sonido de sintetizador. "Homen Bala" e "Colesterol" atópanse entre o mellor da súa discografía, así como tamén  o poema musicado de Sechu Sende "E isto e o amor" que da título ao disco.







⑩ Crystal Castles - Amnesty (I)
Tra-lo abandono de Alice Glass, a cara máis visible do grupo, o futuro de Crystal Castles parecía incerto, pero Ethan Kath, a outra metada da banda demostrou ser o motor creativo e negouse a deixar o proxecto. Tras reclutar a á nova vocalista Edith Frances e un pequeno culebrón de por medio, seguiron sacando temazos ao longo do ano, que se viron recopilados neste disco, que marca unha nova etapa. O son mistura as dúas vertentes da banda que xa viñan mostrando, por un lado violencia e por outro melodía, facéndonos esquecer rápidamente a Alice Glass con pezas como "Concrete" ou "Frail" como novos clásicos de Crystal Castles.












 Oathbreaker - Rheia
Non coñecía o grupo antes do lanzamento deste traballo, pero hei telos máis en conta a partir de agora.  O que me gustou deste disco foi a mistura de black metal con elementos máis etéreos cercanos ao post-rock, cunha cantante que se move no rexitro gutural e melódico á perfección. Unha proposta lonxana de prexuízos que se volve tremendamente necesaria nos dias que corren.







⑧ Arrhythmia - II
O trio lucense pegou forte con este novo traballo, cun videoclip a modo de carta presentación que non deixou indiferente a ninguén, posicionandose como un dos mellores traballos audiovisuais do 2016 a nivel estatal e abrindo camiño para que a banda tocara nos principais festivais do país neste ano, mesmo abrindo para Berri Txarrak. Outro punto de valor engadido ao "II" é o xeito totalmente DIY no que se realizou, outra mostra de actitude. No musical ofréncenos unha boa dose de rock moderno e variado, onde atopamos momentos stoner, bases de electrónica e mesmo un western. Botádelle unha boa escoita a "Morte", "Mil xeitos" ou "O pasado non é unha opción" para entender mellor un dos traballos referencia do rock galego do finado 2016.









⑦ Nao - Soñar + Crear
Dobre entrega de EP´s no novo de Nao, onde reflexan o doce momento que están a vivir como banda. En "Crear" atopamos un son que xa anunciaban  no anterior "Cartas no Caderno", cunha producción a cargo do grande Iago Pico, sonido potente, coidado e temas con grandes estribillos que corear nos concertos como son "Encadeados no Portal" ou "Voltaremos". Como engadido están "Nós" e "Venceremos Nós", singles que teñen cabida neste traballo aportando o seu valor.

Por outra banda temos o EP "Soñar", grabado nos estudos Gárate xunto Kaki Arkarazo, unha achega máis crúa e espida do son de Nao, distinto, arriscado, pero igual de disfrutable, xa que ao final o que importan son as cancións . Deste xeito temos a intrumental "Gárate", "Feminino Plural" ou o himno instantáneo "Coma irmáns".




⑥ Mutant - Pleiades 
Novo traballo do outrora escuadrón agora renacido como Mutant, e grabado nun momento de transición de membros, coa marcha de Campi e a incorporación de Zalo ao baixo, creando unha confluéncia interesante, xa que o cd está acreditado polos catro membros. Financiado a través dunha exitosa campaña de crownfunding, no disco vese reflexada unha madurez e unha evolución do son, un paso máis alá que me alegrou moito. 

O disco está baseado nas profecías maias, e ao longo de oito temas facemos unha viaxe sonora que pasa por guturais, voces melódicas, intros atmosféricas, elementos de música country, Baroness, solos de guitarra salvaxes ou Pearl Jam. Dende logo que se trata dun traballo moi orixinal, pero sobre todo moi persoal, que é o punto que me parece máis importante. "Obsidian" e "Canvas" das miñas favoritas.






⑤ Yann Tiersen - EUSA
Disco que pasou desapercibido, e seguramente non sexa dos máis recordados da carreira de Yann Tiersen, pero o certo é que a min prestoume moito. Tras experimentar con sons máis contemporáneos nos últimos traballos, o músico bretón volve ás súas raíces cun disco espido: só el, o piano e algúns efectos sonoros bastan para que brote de novo a maxia.

Eusa é o nome bretón da illa na que vive actualmente o multiinstrumentista, e os distintos títulos dos temas son os topónimos dos diferentes lugares que nela atopamonos, mostrándose así un traballo tremendamente persoal, minimalista e íntimo.





Traballo cun doloroso trasfondo, a morte tras un cancer da nai do cantante. O disco é unha especie de catarse de toda a dor sufrida, e deixanos quizais o mellor material compostoo polo conxunto californiano. Atopamos o seu característico son post-hardcore, pero moito máis pulido, cunhas guitarras limpas e afiadas como coitelas, unha batería trepidante  e unha voz que canta con máis raiba que nunca. "Palm Dreams" ou "Skyscraper" prestáronme especialmente.








Comezamos o podio do Top 2016 cun regreso por todo o alto, o novo disco de Garbage, que se mostra como un dos máis sólidos da súa carreira. Priman as boas cancións, sen temas de recheo, e atopamos tódolos elementos que fixeron famoso o son de Garbage, rock, electrónica, melodía e escuridade. Non por iso se trata dun exercicio de nostalxia, senón que é un traballo do s. XXI de pleno dereito.

O disco comeza coa escura "Sometimes" para deixar paso ao primeiro single "Empty" que rápidamente nos engancha. "Blackout" é outro dos puntos fortes do traballo. "Even thought our love is doomed" contén a frase que titula ao traballo e resulta conmovedora. "Magnetized", que foi outro do singles, móstranos a unha Shirley Manson pletórica vivindo unha segunda xuventude. O dito, un disco sen desperdicio, que ten todo o que ten que ter na súa xusta medida... e máis.




 Muchachito - El Jiro
Posto number 2 para un disco dun estilo que quizáis desentona un pouco co resto do ranking, pero que disfruto mogollón igual. De feito este disco estivo en bucle no meu coche durante meses, foi o disco de ir ao rio en verán, o certo é que ten moito gancho. Desta volta Muchachito fai algo que non moitos artistas se atreven a facer, que é sair da súa área de confort. Para iso prescinde da súa banda habitual e compón uns temas que nunha primeira fase nos mostrou desnudos, no seu lanzamento de "La Maqueta" para logo vestilos con esa producción oitenteira neste "El Jiro" (xogo de palabras de Xiro e Hero). 

Muchachito  aposta por unha nova banda, máis sinxela e que tira cara a música dos 80, con máis presenza de guitaras eléctricas e sintetizadores, como se pode apreciar en "Tiré" primeiro adianto do disco. Nesta mesma onda atopamos "Sin sentido", "Te perdí", "Igual que ayer" ou "Echaremos cuentas". Tamén temos cancións máis festeiras como "Medios", "Sin sentido", "Adios Compai" ou a meláncólica "Aeropuerto", facendo que o disco resulte moi completo e para nada monótono. Muchachito arriscou e gañou.




 David Bowie - Blackstar
Tras encabezar o Top Ramallosa Rock City no 2013, Bowie volve á cabeceira dun xeito máis triste que daquela, co seu derradeiro traballo de estudio, publicado polo seu cumpleanos, dous dias antes de falecer a causa dun cáncer de fígado que ocultou aos medios. A enfermidade do artista marca todo o traballo, realizado nun absoluto secretismo e cunha arrepiante frialdade, xa que relata os últimos momentos dunha persoa que  sabe que vai a morrer e ofrece o seu "regalo de despedida".

David Bowie rodéase dos seus habituais (Tony Visconti, James Murphy) para ofrecernos o seu canto de cisne, un disco experimental, escuro e percutivo. A inicial "Blackstar" marca un pouco o estilo, cun desarrollo de 10 minutos onde vemos tódolos elementos que van marcar do disco, bases electrónicas, atmosferas sombrías, sintetizadores, solos de saxofóns, etc. En "´Tis a pity she was a whore" atopamos unha batería e un safoxón frenéticos. En "Lazarus" o artista móstranos unha peza sobrecolledora, que cobrou novo significado unha vez anunciado o seu falecemento. "Sue" realizada como BSO para unha serie na que estaba traballando, "Girl loves me" e "Dollar Day" seguen coa sonoridade escura e atmosférica para rematar con "I can´t give everything away", na cal Bowie se despide amablemente, cun sorriso. O lanzamento do disco estivo inevitablemente rodeado da morte, facendo que fora nº1 nas tendas e estivera esgotado durante moito tempo. Por sorte, fun quen de adquirir unha copia en vinilo e hei de dicir que a edición é unha pasada, cun traballo gráfico minimalista e impecable. O deseño, a cargo de Jonathan Barnbrook, foi colgado na rede con licencia Creative Commons a modo de homenaxe á obra de Bowie.

A morte de Bowie significou a perda dun dos artistas máis creativos, arriscados, influíntes e traballadores do s. XX. Foi un mazazo, si, pero grazas a tódolos discos que nos deixou, convertíuse nun ser eterno. Ata sempre Spaceman!