///NOVAS///CONCERTOS///MÚSICA///FOTOS///VIDEO///BANDAS///LIGAZÓNS///F.A.Q.///                                     

31/12/16

QUE CARALLO FIXEN NO 2016?


Facendo memoria de todo o que pasou no musical no 2016 non podo ter queixa, tres traballos publicados, máis de 20 concertos enriba, millóns de ensaios, horas de estudio e experiencias que contarlle aos netos cando sexa un vello carca:

Comezamos o ano publicando o videoclip de Non temos medo acústica, que servíu como comezo da celebración dos 20 anos de RX-RX e empregouse na Banda Sonora da pelicula Pelegrinaxes de Simone Saibene.

Estivemos cos Ruxe dúas veces no Bamboleo (TVG) de Super Piñeiro, unha a comezos e outra a finais de ano.

Houbo fins de semana cargadiños, tres concertos en dous dias pero moi contento pola experiencia de poder estar no IES A Guía de Vigo nun concerto acústico xunto Vituco como parte dunha charla sobre a historia do rock en galego impartida por Dani Lavesedo (GZ Música), disfrutar no escenario coa Banda Pantasma e cos John Deeres no Churrasconcerto en Couso (ao lado da miña casa) cun trato excelente por parte da xente de A Xesteira, e voltar un ano despois a Grixalba nada máis e nada menos que cos padriños Zënzar nun concerto a tres guitarras moi especial. 

Tamén estivemos tocando en Bilbao e aproveitamos para coñecer a cidade e o Guggenheim. No verán tocamos nunha chea de sitios maravillosos, entre eles a Praza da Quintana, que foi un concerto inesquecible.

Recentemente presentouse 20 segundos, o novo disco de Ruxe Ruxe, do que estivemos lanzando varios adiantos ao longo do ano. O concerto presentación foi na Sala Capitol nun concerto xunto Deseqilibrio Mental, botei o dia tocando! Tamén se estreou a documental Alén do Cosmos producida por Quadra Films sobre Formoso, futbolista galego que acabou xogando no New York Cosmos xunto Pelé, e no que os Ruxe participamos coa Banda Sonora.

Con Deseqilibrio Mental demos varios concertos ao longo do ano cheos de bos momentos, como a viaxe ao Barco de Valdeorras, o Piedra Fest ou o Entrebateas.

Logo tiven a oportunidade de facer moitos dos cartaces nos que tocabamos este ano, como foron o Piedra Fest, Praza da Quintana ou Terra de Lobos, dándolle renda solta á miña vea de deseñador. Tamén tiven tempo para facer varias crónicas de concertos  (e desfrutalos) para Buena Calle.

Ademáis de Ruxe e Deseqilibrio puiden ir cos Festicultores facer un pasarrúas e concerto polo entroido en Sada, foi unha experiencia nova e moi divertida. Tamén houbo tempo para botarlle unhas pezas cos irmáns Arrhythmia en Taboada e dar un concerto como Sr. Rosa no Gramola, varios concertos acústicos xunto Vituco e ir cos Nao a botarlles unha man nas presentacións do seu novo traballo Soñar+Crear.

Por outra banda tamén estivemos unha chea de veces nos medios, ata saín un dia no Correo Gallego na sección das 1001 caras de Compostela! Tamén puiden participar na exposición, A Língua, a arte da túa Terra, Boinas en Compostela, exposta nos promocionais da cidade e recentemente na Praza de Abastos.

Seguro que se me esqueceron unha chea de cousas máis, pero vendo isto a verdade que o 2016 foi divertido, agardemos que o 2017 sexa aínda mellor!

😄✌