Pois non podo queixarme nada do 2015 a nivel musical, estivo cheo de bos momentos.
Comezabamos o ano presentando o disco homenaxe a Manuel Seixas (Korosi Dansas, Neuroband, etc) no que participamos varios artistas galegos. Toda a información sobre o proxecto está en www.sonhandoconseixas.eu
Logo chegou o turno de publicar Séculos Escuros I, o novo disco de Deseqilibrio Mental, que tanto traballiño nos deu. Deste traballo ademáis publicámos dous videoclips.
Publicouse "Un Mundo Perfecto" novo disco con Ruxe-Ruxe, que presetamos nunha Sala Capitol ateigada de xente. Deste traballo tamén publicamos varios videoclips.
Tiven a sorte de poder colaborar nun disco cos padriños Zënzar no seu novo disco "Camiñando entre Serpes" metendolle unhas guitarras e uns coros. Ademáis no concerto presentación na Sala Josfer botamos unhas pezas xuntos.
Para rematar, estreouse no teatro principal a documental "Sempre Adiante" feita por Pixel Films, que vimos recentemente de editar en formato dvd.
Máis alá do disto, foron moitos momentos máxicos que fixeron deste 2015 un ano inesquecible. Participamos na BSO da película "Pelegrinaxes" de Simone Saibene, fixemos de xurado no concurso do Novo Cruceiro Rock, o Festigal, concertos cos irmáns de Lugo Arrhythmia, a oportunidade de botarlle unha man cos Terbutalina e os Nao, participar no fin de xira de Superoito e un longo etcétera de historias. Ogallá que o 2016 veña igual de ben que este ano ou mellor! Sempre adiante!
![]() |
![]() |
![]() |









