///NOVAS///CONCERTOS///MÚSICA///FOTOS///VIDEO///BANDAS///LIGAZÓNS///F.A.Q.///                                     

04/05/17

DESEÑO CRÍTICO

DESEÑO DE PRODUTO| Exposición DESEÑO CRÍTICO
Dende esta mañá podedes visitar no 3º andar a exposición DESEÑO CRÍTICO, con traballos realizados polo alumado de 3º de Deseño de Produto para a materia de Cultura do Deseño.
Despois de traballar todos os contidos curriculares da materia, plantexouse a realización dun exercicio de crítica social, empregando o produto como obxecto reinterpretativo e como símbolo crítico da realidade existente. Cada alumno/a elixiu o concepto social sobre o que traballar: analizou a situación existente e reinterpretou esa crítica aplicando a súa visión sobre a mesma a un produto.
O produto estudiado foi a vaixela, co que xa traballaran neste mesmo curso na materia de proxectos dende outro punto de vista. Nesta ocasión, a proposta de produto non é funcional: trátase dun símbolo, dun obxecto que conta unha historia, fainos pensar.