///NOVAS///CONCERTOS///MÚSICA///FOTOS///VIDEO///BANDAS///LIGAZÓNS///F.A.Q.///                                     

02/07/16

PELEGRINAXES BSO





PELERINAXES: Luzía percorre as oito etapas da pelerinaxe que fixeron Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey a pé dende Ourense cara a San Andrés de Teixido no 1927; relato da viaxe publicado no libro Pelerinaxes I. Fai esta viaxe coa intención de rematar un proxecto audiovisual empezado na universidade sobre o libro de Otero Pedrayo, xunto a outro compañeiro.

Un filme escrito e dirixido por Simone Saibene.
Con Carmen Méndez, Carmen Méndez, Isabel Risco, Xoel Yáñez, Alfonso Míguez, Ruth Sabucedo. Entrevistados (por orden de aparición): Patricia Arias Chachero, Susana Reboreda Morillo, Valentín Carrera, Luis Martínez Risco, Alberto Allegue Leira, Pablo Gallego Picard, Laura Tato Fontaiña, Carme Fernández Pérez-Sanjulián. 

Música tráiler: Daniel Minimalia 'El vals del trapecista'; Ruxe Ruxe 'Non temos medo'.
Produción e distribución: Noveolas Producciones S.L. Gravado nas provincias de Ourense, Lugo e A Coruña. 

Duración: 74’ aprox