
Dende onte nos mupis da cidade podedes ver o traballo do alumnado de Xoiaría e Fotografía da EASD Mestre Mateo nestes retratos que estes días toman as rúas de Compostela. Baixo o título “A LINGUA, A ARTE DA TÚA TERRA. BOINAS EN COMPOSTELA” preséntanse unha serie de retratos de personaxes da escea cultural e social galega ataviados con boina. O proxecto resultado da colaboración de Galteo e o IES Marco do Camballón, pretende transmitir a necesidade de actualizar os valores da nosa lingua: unha lingua para a xente nova, moderna, rural e urbana, impulsada por valores como a igualdade de xénero ou a xustiza social.
Nos retratos, as persoas aparecen levando as boinas personalizadas cos complementos deseñados e realizados polo alumnado de Xoiaría. Estes retratos foron realizados polo alumnado de 2º do CS de Fotografía. O apoio de Lingua Galega Santiago de Compostela (Concello Santiago) permitiu darlle visibilidade a este proxecto. En total hai 20 mupis nos que se mostran estes traballos, dende Galteo animan a dar un paseo pola cidade e visitalos todos!