
Fin de semana cargadiña: tres concertos en dous dias pero moi contento pola experiencia de poder estar no IES A Guía de Vigo nun concerto acústico xunto Vituco como parte dunha charla sobre a historia do rock en galego impartida por Dani Lavesedo (GZ Música), disfrutar no escenario coa Banda Pantasma e cos John Deeres no Churrasconcerto en Couso (ao lado da miña casa) cun trato excelente por parte da xente de A Xesteira, e voltar un ano despois a Grixalba nada máis e nada menos que cos padriños Zënzar nun concerto a tres guitarras moi especial.