Fíxonos unha ilusión da ostia o concerto do pasado sábado no Música na Noite! Vimos unha chea de caras coñecidas saltando dende o primeiro momento do concerto, dándonos enerxía para seguir dando tralla! Dende logo que un dos mellores concerto que dimos nunca, e todo grazas ao apoio da nosa xente! Na foto o Piedra, o Piky e o Miguel xusto ao rematar con sorrisos de orella a orella!
Esa noite a familia Deseqilibrio foi máis grande que nunca, ademáis contamos coa axuda de Esteban e de Chuco! Agradecer dende aquí a toda a organización do festival, aos Pan de Capazo, á Magnifique Bande, aos grandes Tres Trebóns e aos compañeiros Terbutalina por aprendernos eses riffs!
E falando da Terbutalina, volvimos cadrar, e xa que Mon non puido estar nas probas de son, alí estiven botándolles unha man, aprendendo as pezas en 5 minútos e desfrutando das novas cancións, a cousa promete !!! A min, para variar, fíxome unha ilusión da ostia!
Mil anos máis (polo menos) ao Música na Noite!
