02 Camiñando entre Serpes
03 Nada que Perder
04 Tira para diante
05 Cousa pouco Seria
06 Cortina
07 Última Viaxe
08 Qué Decepción
09 Adeus Amigos
10 Sempre no Corazón
11 Non
Despois de adicar o 2014 a compoñer e grabar os temas do seu novo disco no estudio Escola da rúa de Carballo, baixo a co-producción de Javier Abreu e con Manolo Dourado de axudante, buscando un son mais cercano a os directos grabando todos ao vivo…
Despois de Presentar a finais de outubro o video-clip CORTINA como adianto do novo traballo, con texto de Xosé M. Diaz Castro,
Despois de recibir no 2013 en pleno ensaio un disco homenaxe. Titulado, “VAI POLOS PADRIÑOS, TRIBUTO AOS 25 ANOS DE ZËNZAR”, 19 pezas re-interpretadas por 18 grupos galegos. Entre eles Ruxe Ruxe, Dios Ke Te Crew, Machina, Os Tres Trebóns, Invivo, Som Do Galpom, Raiba, K-Raxe, Compañía do Ruido... A banda de Cerceda , pioneira no rock en galego e hoxe a decana das bandas do país, quere presentarvos o seu novo traballo de estudio, o décimo en total, acompañados por amigos que os acompañan ao vivo nos seus concertos : Xosé M. Ares á gaita, e Xenderal (Gende Beat) á voz e beat box. , colaboracións reflexadas no novo disco e consolidadas nos directos. tamén colaboraron: Vituco Neira voz , Miguel Duarte guitarra e Xan ao saxo , todos de Ruxe Ruxe
Once temas , potentes, cún son á altura da traxectoria do grupo… Camiñando entre serpes , Non, Tira pa diante, Cousa pouco seria, Nada que perder, Ultima viaxe, Adios amigos…son algún dos títulos.
PODES ESCOITALO NO SEU BANDCAMP
PODES ESCOITALO NO SEU BANDCAMP
