///NOVAS///CONCERTOS///MÚSICA///FOTOS///VIDEO///BANDAS///LIGAZÓNS///F.A.Q.///                                     

18/03/15

Ruxe-Ruxe - Un Mundo Perfecto

01 Soños
02 Beizos
03 Na Miña Taberna
04 Refachos
05 Respiro
06 Cancións Ceibes
07 Frores
08 Ven Bailar
09 Vella Escola
10 Perfecto
11 Nada Máis
12 A Máquina
13 Radio Xabral
14 Mundo Feliz











UN MUNDO PERFECTO é o novo disco de ruxe-ruxe. E décimo traballo de estudo da banda é unha volta de folla respecto do seu anterior traballo "Némesis" levándonos agora de viaxe a un mundo de cor e de soños. Un mundo de primeiras, segundas e infinitas oportunidades. Un mundo de sensacións e optimismo no que a amizade, o amor, a vida e as loitas persoais conseguen sempre o premio do bo "karma".

Em este disco ruxe-ruxe soan a grupo que sabe o que quere despois de 20 anos. Lonxe das modas o grupo continúa camiñando por onde quere, sempre desde a liberdade "punkeira" e o respecto pola cultura e o idioma galego. Cancións ancoradas no rock, letras reivindicativas e temas urbanos complétanse con acompañamentos de metal e aires ska e mestúranse con propostas máis líricas en temas como Refachos ouNada máis. Editado por Lobicán Records, o novo proxecto está a venda en formato físico e dixital

20 anos, 10 discos e infinidade de cancións gravadas para diferentes recompilatorios os Ruxe suman e seguen. Non pérdasche ou mellor pérdeche no seu MUNDO PERFECTO.