⑳ Royal Blood - Royal Blood
O novo "hype" chegado dende Londres. O plantexamento é fácil, batería e baixo/voz, o resultado unha mistura entre os riffs de Rage Against the Machine e unhas melodías cercanas aos Strokes. A verdade que soan ben grandes para seren só dous membros, cun son de baixo moi potente, case imitando a unha guitarra. Un disco bastante recomendable.
⑲ RockZone Bipolar Sessions #1
A xente da revista RockZone conseguíu enredar a unha chea de grupos habituais das súas páxinas para facer versións de outros grupos habituais das súas portadas. Ademáis sacaron unha edición en dobre-vinilo co gallo do Record Store Day. A verdade que quedou un disco ben chulo e diferente, non é o típico disco de versións.
⑱ Perturbator - Dangerous Ways
Non lembro como cheguei a este disco pero xa me enganchou na primeira escoita. Neste traballo de electronica misturanse á perfección momentos do electro máis actual con tintes de pop, os sons dos sintetizadores máis oitenteiros e certos ambientes dignos da banda sonora de Blade Runner.
Un disco moi variado e ameno, cando te das conta xa chegaches á última canción.
⑰ Narco - Dios Te Odia
Incorporación de última hora. Tardaron máis do desexado en sacar material novo dende o excelente "Alita de Mosca" que data do 2010, mentres enredaron en sacar discos de remixes e de versións. O traballo é 100% autoproducido, grabado e editado por eles mesmos.
Neste "Dios te Odia" céntranse máis en sons punkarras-hardcore e deixan un pouco de lado o seu caracteristico rap-metal, aínda que o discurso seguen a ser o típico de Narco, coas súas letras sobre drogas, satanismo e a vida no barrio. O certo é que me esperaba algo máis (o seu anterior disco posiblemente sexa o mellor deles) pero aínda así o resultado é moi desfrutable, e que saquen disco novo despois de tanto tempo a mellor noticia de todas.
⑯ Down - EP IV part II
Volve o tio Anselmo co experimental cuarto traballo de Down. A idea é sacar un disco longo a base de catro EP´s, con data de saída indefinida, coa idea de coidar máis os temas e non incluír recheos.
Musicalmente non sorprende demasiado, pero pasa como con AC/DC, xa de entrada sabes que che vai molar. Atopamos eses tipicos momentos de blues/metal e ritmos pesados, lembrando aos Black Sabbath, sobre todo en "Bachanalia", que pecha o disco, e na que inclúen un final acústico bastante psicodelico.
⑮ Russian Red - Agent Cooper
Medio sen querer acabei nun concerto dela, e o certo é que desfrutei bastante da súa posta en escea e o seu directo, polo que me acheguei a este disco. Pódeche molar ou non o estilo, pero hai que recoñecer que ten unha producción excelente, non en vano o disco está gravado nos Anxeles cun productor que traballou cos White Stripes, U2 ou The Strokes.
A producción está orientada cara un son estilo anos oitenta, con moito sintetizador e guitarras atmosféricas. Tódalas pezas teñen nomes de homes que lle influiron na vida a Russian Red, unha achega bastante orixinal. Deixando de lado toda a polémica coa orientación política da tipiña, é un disco para darlle unha oportunidade, xa que coma min, pódese levar unha sorpresa.
⑭ Sokram - Chuvia Acida
De novo, disco chegado a última hora, e que causou bastante expectación con varios adiantos lanzados ao longo de todo o ano.Un traballo bastante extenso e que, sen abandonar nunca o hip-hop, toca varios paos nas bases musicais como o soul, funk, o rock ou a electrónica. Letras con moita retranca como nos ten acostumados xa Sokram, pero ao mesmo tempo achegándonos máis ao seu universo persoal.
⑬ U2 - Songs of Innocence
Non son usuario de i-Tunes, pero picoume a curiosidade despois de que saltara a polémica coa súa agresiva campaña de marketing. Quitando todos os prexuizos cara Bono e tal, a verdade que lles quedou un moi bo disco.
A nivel de produción tiran cara o que eles cren que está de moda este ano, un sonido vintage que lembra aos Black Keys. Temas como "Iris", "Raised by Wolves" ou "Every Breaking Wave" volven a un son que lembra aos seus comezos e demostran que aínda que están podres de cartos, se queren poden ser creativos e seguir aportando cousas interesantes na súa música.
⑫ Foo Fighters - Sonic Highways
Outro disco que prometía moito. Non é que sexa malo, pero tiñan o listón moi alto co anterior "Wasting Light". As primeiras escoitas foron un pouco decepcionantes, pero vai gañando a medida que lle das máis oportunidades, e ver a serie de TV como complemento ao disco axuda a gañar sentido.
Digamos que abandonan un pouco a caña do disco anterior e fan un traballo máis "maduro", máis de escoitar con calma, nun estilo de rock americano cercano ao mostrado en "Sound City" (que no fondo todo o concepto do disco é unha pequena continuación do feito no outro documental). "The Feast and the Famine" ou "Outside" dannos os que un espera deles nun primeiro momento, pero pezas como "Congregation" ou "In the Clear" introducen ese estilo máis maduro do que saen bastante airosos. Queda un traballo un pouco a medias, xa que a suposta a relación "canción-cidade" que prometida non é tanto como o vendían ("In the Clear" pouco ten que ver con Nova Orleáns ou "Congregation" con Nashville). Seguro que de ter feito as cousas mellor sen pensar tanto na serie de TV o disco tería ese impulso que lle falta para estar nos primeiros postos desta lista.
A maioría da xente do metal odia este disco, e mesmo os fans de In Flames non lles acabou de chistar, pero eu atopeille o seu aquel.
Neste traballo a banda métese dentro do romanticismo de gravar nos míticos Hansa TonStudios de Berlín, onde se rexistraron clásicos da historia do rock como a Triloxía Berlinesa de David Bowie, o Lust for Life de Iggy Pop, Depeche Mode, U2, etc. Penso que isto é a clave para entender o traballo, velo coma un disco de rock vangardista máis que coma un disco de metal de toda a vida. O son das guitarras está orientado cara ahí e as misturas de voces guturais e melodías e a incorporación de sons electronicos de cacharros analóxico/vintage acentúan esa experimentación.
Teño a sorte de escoitalo en vinilo, e a producción soa moi potente. Para min un disco infravalorado ao que todo o mundo lle debería dar unha segunda oportunidade.
Neste traballo a banda métese dentro do romanticismo de gravar nos míticos Hansa TonStudios de Berlín, onde se rexistraron clásicos da historia do rock como a Triloxía Berlinesa de David Bowie, o Lust for Life de Iggy Pop, Depeche Mode, U2, etc. Penso que isto é a clave para entender o traballo, velo coma un disco de rock vangardista máis que coma un disco de metal de toda a vida. O son das guitarras está orientado cara ahí e as misturas de voces guturais e melodías e a incorporación de sons electronicos de cacharros analóxico/vintage acentúan esa experimentación.
Teño a sorte de escoitalo en vinilo, e a producción soa moi potente. Para min un disco infravalorado ao que todo o mundo lle debería dar unha segunda oportunidade.
⑩ Palmerita Coco Blue
Penso que moita xente non oíu falar deles. A banda fórmana Chalart58, MataHari e Willy Fuego procedentes da extinta Kinky Beat e contan con Madjid Fahem de Manu Chao á guitarra.
Musicalmente alonxanse un pouco das súas bandas de orixe para simplemente botarlle unhas pezas acústicas de clásicos do calypso, rock-steady ou reggae polos bares de BCN. Nesa falta de pretensións está a gracia do grupo. Teñen no seu soundcloud colgados catro pezas de transmiten moi bo rollo.
⑨ The Black Keys - Turn Blue
Despois do exitoso "El Camino" o fácil era repetir a fórmula que os levou ao éxito. Neste Turn Blue máis ben foxen do disco anterior facendo todo o contrario xa que atopamos pezas bastante máis tranquilas e psicodélicas, lembrando ao rock dos anos 60. Mesmo abren o traballo cunha canción de 7 minutos onde non comezan a cantar ata o minuto 4, mostrando por onde van os tiros.
Pese a isto atopamos dous claros sinxelos "Fever" e "10 Lovers" onde si se achegan máis a ese rollo comercial que moita xente espera deles, e a verdade que lles quedaron caralludas, porque para que enganarnos, a gracia desta banda está nas pezas pegañentas con sonido rock e baixos potentes e non no blues clásico, que para iso poño un disco Muddy Waters ou Howling Wolf. Un bo disco onde quitando esas dúas cancións, as demáis van nunha boa liña pero bastante uniforme e non destacan especialmente sobre o resto. É un traballo para escoitar con calma para meterte dentro del.
⑧ Smashing Pumpkins - Monuments to an Elegy
Unha boa sorpresa para rematar o ano, publicado fai quince dias coma quen di. Da formación que gravou o pasado disco "Oceania" (que por certo é caralludo) só quedan Corgan e o guitarrista, para a o estudio contan con Tommy Lee de Mötley Crüe.
O traballo supostamente segue sendo parte do meta-proxecto de 44 cancións psicodélicas "Teargarden by Kaleidyscope" aínda que este disco é posiblemente a parte máis comercial do editado ata o momento (iso non quita que mole a dios). Por un lado hai cancións onde as guitarras mandan e levan o todo o peso como en "Tiberius" ou "One and All" e outras cancións onde os protagonistas son os sintetizadores como en "Monuments" ou "Dorian". Estas dúas vertentes fan que sexa un disco variado, ameno e o certo que un tanto curto, sabe a pouco. Segundo anunciou Billy Corgan, no 2015 sairá "Day for Night" que será un disco que ao mesmo tempo que complementa este "Monuments" pechará a saga de "Teargarden"así toca disfrutar deste disco mentres agardamos xa polo seguinte.
⑦ Crosses - †††
Tras Crosses atopamos o proxecto paralelo de Chino Moreno de Deftones. Aquí non imos atopar ritmos para axitar a cabeza, pero si a mesma emoción que transmite cantando. A instrumentación está chea de bases electrónicas, sintetizadores e guitarras máis cercanas ao indie que ao metal, co que queda unha aposta musical moi interesante.
Para os que seguimos á banda neste traballo non atopamos nada novo, xa que o seu primeiro longa-duración é unha recopilación dos tres EP´s previos que a banda foi publicando dende 2011. Para darlle máis cohesión fixeron un tracklist onde se misturan entre sí os tres traballos, sendo as pezas do primeiro EP as máis cheas de sintes e para min as que teñen máis encanto. Aínda así agradecese ter un traballo longo desta banda, co que seguro que se dan a coñecer a un público máis amplo.
Para os que seguimos á banda neste traballo non atopamos nada novo, xa que o seu primeiro longa-duración é unha recopilación dos tres EP´s previos que a banda foi publicando dende 2011. Para darlle máis cohesión fixeron un tracklist onde se misturan entre sí os tres traballos, sendo as pezas do primeiro EP as máis cheas de sintes e para min as que teñen máis encanto. Aínda así agradecese ter un traballo longo desta banda, co que seguro que se dan a coñecer a un público máis amplo.
⑥ Mastodon - Once more ´round the Sun
Que ganas tiña dun novo disco de Mastodon. O anterior "The Hunter" deixounos a todos un pouco decepcionados, e pese a que este novo "Once more ´round the Sun" segue no camiño iniciado no disco anterior, souberon pulir as imperfeccións que había, dándolle máis garra e vitalidade ás composicións.
Neste traballo cántase e hai unha chea de harmonizacións vocais, pero non se centra só niso, as cancións en sí son boas, hai bos estribillos como a pegañenta "The Motherload" e riffs que esmagan como "High Road" ou "Halloween". Quizais os amantes das primeiras épocas da banda botan en falta que xa non sexan metal puramente, senón algo cercano ao rock dos 70 (cos seus matices). Para min o forte deste disco é que souberon correxir o feito en "The Hunter" facendo un bo disco e deixando claro que seguen tendo ese "aquel" que os fai ser os putos xefes.
⑤ Trono de sangre - La mitad de lo que somos, la mitad de lo que creemos
Para comezar ben o ano, Trono de Sangre sacaron en xaneiro este seu primeiro LP. Escoitei deles a través da Mondosonoro, pero rápidamente me engancharon e pillei a edición deluxe en vinilo transparente.
É un disco que ten unha gran labor de producción, que soa verdadeiramente ben. As cancións son dun estilo post-rock/hardcore crú que transmite moita forza. É deses discos que te pos a escoitalos e sen darte de conta xa chegas ao final coa sensación de que cada canción é xenial. Un gran descubrimento!
④ Nao - Cartas no Caderno
Ninguén agardaba un novo traballo dos Nao tran pronto, xa que o seu excelente "Cancións de Amor e Liberdade" aínda saíu o ano pasado, pero o anuncio deste EP tivo moi boa acollida entre os seus fans.
Atopamos un tema orixinal e 4 versións. Pese a isto a banda soubo darlle a súa personalidade a cada unha delas facendoas novos clásicos do seu repertorio. Destacan a celebrada "Os Vampiros" onde colaboran Banda Bassotti e Manu Payno, "Coma o Vento" unha vella coñecida, e persoalmente disfruto moito da peza orixinal "Cartas no Caderno". Dous anos seguidos neste ranking só demostran que esta banda está en plena forma.
③ Familia Caamagno - Hai que andar cos Tempos
Pois este disco prestoume moito ao longo de este ano. Dende a súa presentación na Capitol en Compostela dinlle unha chea de voltas ao vinilo e vin unha chea de veces máis ao grupo. Decateime de que a clave está na sinxeleza e efectividade das cancións e na grande enerxía que estas transmiten. Ten uns temas moi pegañentos e unha producción analóxica moi coidada.
Para a banda o traballo supuxo un gran impulso, poñendoos na primeira liña do rock galego actual. De escoita obrigatoria!
Ata o momento, para min o mellor traballo das Ataque-Escampe. Despois do irregular "Noites de Agosto..." deron un empurrón cara arriba con este disco, deixandose de cumbias e boleros para facer o que realmente saben facer ben: pop. Ademáis de estar máis enfocado estilisticamente, o disco ofrece como novidade a consolidación nas voces do outrora batería Roi Vidal, grazas ao cal as letras gañan en dramatismo e credibilidade e o traballo gañe máis variedade en xeral.
Baixo a excelente producción de Arturo Vaquero, os temas conflúen no indie/pop, pero cunha chea de matices de electrónica, dub, hip-hop e momentos máis experimentais. Nas letras, coma sempre, deixan o seu selo persoal e inimitable, con historias tan reais que levan sempre a unha reflexión por parte do ouvinte. Destacan especialmente "Arder", "Horas Extra", "Orde e Progreso" ou "Os problemas Crecen". É un deses discos máxicos que enredan ao que escoita levandoo cara o final do disco e deixandoo con ganas de oílo outra vez máis.
① Berri Txarrak - Dembora da Poligrafo Bakarra
Un disco moi agardado, ao longo de todo o ano os propios Berri Txarrak adicaronse a poñernos os dentes longos a base de fotos e adiantos sen desvelar en que ía consistir este disco que celebra os 20 anos de existencia da banda, non a modo nostálxico, senón como mostra do que fai Berri Txarrak 20 anos despois.
20 anos de existencia, 20 cancións repartidas en 3 cds, organizados baseandose un pouco por temática e producción, o primeiro máis metaleiro/alternativo producido por Ross Robinson, o segundo indie producido por Ricky Falkner e un terceiro máis punkeiro producido por Bill Stevenson. Como soe pasar nos discos longos, hai algo de palla polo medio e sen dúbida sería un discazo se fixeran unha selección cos 10 mellores, pero aínda así quedoulles un bo resultado. Respecto á temática, penso que ao final hai temas do cd metaleiro que podían encaixar no cd indie, e viceversa, polo que as diferenzas en moitos casos son pequenos matices. Por outro lado a producción en ámbolos tres cd´s é bastante crúa, sen unha gran diferenza entre eles tres, supoño que para darlle unha homoxeneidade ao traballo completo.
En cuestións de gustos persoais, os discos cos que máis disfruto son o cd indie e o cd punk. O primeiro cd metaleiro quizais peca duns temas un tanto escuros e cunha producción demasiado crúa que fan que sexa o menos atractivo dos tres. O segundo cd véndenno-lo como o "experimental" por achegarse a ao indie-pop, (o certo que a min non me sorprendeu tanto xa que é algo que se vía vir nos dous últimos discos da banda) e onde os protagonistas son os estribillos pegañentos e as melodías. Por último, o cd punkeiro é o que máis me lembra a un son "clásico" de Berri Txarrak, cercano á época do "Jaio.Musika.Hil."
Un traballo arriscado, pero importante e co que a banda volve a subir un peldaño a nivel de popularidade e importancia dentro do panorama musical. Ten moito mérito que cunha traxectoria de 20 anos aínda lles quede moito camiño por percorrer, como se estiveran comezando.


















