///NOVAS///CONCERTOS///MÚSICA///FOTOS///VIDEO///BANDAS///LIGAZÓNS///F.A.Q.///                                     

31/12/14

Que fixen neste 2014?


A verdade que non teño queixa do 2014, estivo cheo de grandes momentos que lembrar:



O 12 de abril presentamos na Sala Capitol de Compostela o novo disco de Ruxe-Ruxe, Nemesis. Foi un disco no que me esforcei moito  e do que estou moi orgulloso. A noite da Capitol, como moitas, para lembrar co apoio de todos os nosos amigos.
 O 9 de maio presentouse na Sala Nasa de Compostela o traballo dos compañeiros Borderline79, "As raíces da Revolta", onde tiven a sorte de participar recitando uns versos xunto a unha chea de compañeiros en "Deitado fronte ao Mar". Por cuestións familiares non puiden asistir á presentación, pero polo que oín foi unha noite memorable. 

Desfrutei moito tamén o feito de poder botarlle unhas pezas cos amigos de Arrhythmia o 31 de maio en Lugo, onde compartimos escenario Ruxe-Ruxe, Superoito e os propios Arrhythmia, e o 5 de xuño na Capitol nun concerto xunto Dakidarría e Labregos do Tempo dos Sputniks. Son unha xente de puta nai que viven a música coma min e mola poder compartir este tipo de momentos. 



Foi toda unha honra para min poder tocar cos Zënzar no festival do Castro o 23 de agosto, substituíndo ao gran Mario Grela. Con apenas un par de ensaios xunto eles, aprendin unha chea dos padriños do rock galego. 





Aproveitando uns dias libres, gravamos con Ruxe uns temillas en Pousada Son. Desta sesión saíron a nosa pequena homenaxe a os XX anos do Rock Bravú e aos X anos de existencia de Dios Ke te Crew, unhas débedas que tiñamos pendentes.


Tamén tiven a sorte de participar no disco-libro de Os Tres Tenedores, que me fixo moita ilusión, sobre todo vendo o chulo que lles quedou o libro e o distinto que resulta para min facer este tipo de cousas.











Sen perder moito tempo comezamos a gravar o novo disco de Ruxe-Ruxe, de novo en Pousada Son. A idea era gravalo en 15 dias para captar a intensidade do momento, e así foi. Desto xa falarei no 2015 :P








Para rematar o ano ao grande, celebrouse o concerto Titanomakhia Last Show na compostelana Sala Moon, o último concerto da xira de Mutant Squad, cos que despois de 5 anos volvín a tocar unhas pezas clásicas do seu repertorio. Foi unha noite caralluda, chea de nostalxia e bo rollo. Para lembrar!










Só desexar que o 2015 veña cheo de momentos aínda mellores e cargadiño de rock and roll!