Cousas que ten a vida... fai un tempo estaba participando nun disco homenaxe aos 25 anos de andaina dos Zënzar e o vindeiro 23 de agosto estarei tocando con eles no Festival do Castro en Ferreira de Pantón. Debido a compromisos persoais Mario Grela non poderá estar ese dia e terei a gran honra (e responsabilidade) de collerlle o relevo. Como fan de Zënzar tentarei dar o mellor de min e facelo o mellor posible.
No Festival do Castro estarán tamén acompañando Ares á gaita e Xenderal no beatbox, así que isto pinta ser unha noite das que non se esquecen! Vaise Armar!
No Festival do Castro estarán tamén acompañando Ares á gaita e Xenderal no beatbox, así que isto pinta ser unha noite das que non se esquecen! Vaise Armar!
