///NOVAS///CONCERTOS///MÚSICA///FOTOS///VIDEO///BANDAS///LIGAZÓNS///F.A.Q.///                                     

12/04/14

Ruxe-Ruxe - Némesis

01. De Orixes e Fins 
02. Terceira Guerra
03. Irmán Mata Irmán
04. Estado Miseria
05. Tempos Malos
06. Partido Criminal
07. Vótame Mamón
08. Bla Bla Bla
09. Santa Destrucción
10. Pregaria
11. A hora do Predicador
12. En Venda
13. Que máis ten
14. Perigo
15. Destrúe 
16. Que Crise
17. Contra Todo
18. Porcos e Años
19. Habemus Porco
20. Sangue sobre Cemento
21. Que foi da túa vida
22. Ramnusia 

WARNING!!! 

Némesis son 22 berros afogados e tristes nunha noite chuviosa, escura e bretemosa. 22 refachos de odio e xustiza, de deusa doente e anoxada. Son 22 contos tan reais, absurdos e cotiáns que parecen mentiras. Némesis son 22 películas de medo, tráxicas, cómicas, terribles e de mal e incerto final. Némesis somos ti máis eu ao abeiro dun tellado que cae a pedazos mentres fora soan desesperadas e atronadoras as sirenas. 
Tas... Xa non ten sentido avisar... 

NÉMESIS é un disco conceptual a modo de ópera rock. É a viaxe en tres actos dunha persoaxe de a pé que un día se levanta pola mañán e decátase de que a terceira guerra xa comezou. Non hai tanques nas rúas nin mísiles atravesando o ceo pero o mundo caese a pedazos enriba da súa cabeza coa excusa dunha crise económica que deixa man libre e argumentos ficticios para que os poderosos sometan ós débiles. Observa ese mundo cheo de odios, estados miseria, delincuencia, políticas escuras e sometedoras. Observa a irmáns que matan irmáns. Ve crimen e destrucción. Despois reflexiona sobre o seu sitio no mundo e énchese de dor e dunha amarga decepción que remata en odio. Comeza a súa revolta, a súa loita persoal contra todo e acaba enguedellado nunha sanguenta batalla que acaba arroxandoo a el e ás súas pantasmas dende a azotea máis alta para deixalo reducido a unha simple mancha de sangue sobre cemento e sen saber nin tan sequera que foi da súa vida. 

O espíritu da deusa NÉMESIS e da súa xustiza retributiva alimenta unha historia de ficción na que todo parece tan real que semella estar a falar do mundo no que vivimos.
credits
released 12 April 2014 

Miguel Duarte (Guitarras eléctricas, acústicas, banjo e coros) 
Carlos Freire (Baixo) 
Xaco Barona (Gaita) 
Álex Sevilla (batería) 
Xan (saxo,coros e cachivaches varios) 
Vituco Neira (guitarra e voz) 

Pandereteiras Bouba (Percusión tradicional, pandeiretas, voces e aturuxos) 
Bocixa Zënzar (Voz en A hora do Predicador) 
Esteban Skacha (Voz en Perigo) 
Isidro Cea (Locucións) 

Todos os temas feitos, arranxados e aquelados por Ruxe-Ruxe 
Producidos, gravados e mesturados por Iago Pico en Pousada Son 
A producción executiva do discos e o management de Ruxe-Ruxe é de Nicolás Devesa 
O deseño gráfico é de Arinspunk

pégalle unha escoita en www.ruxeruxe.com