![]() |
| (foto por Ada Seoane Alló) |
Cando hai dous anos presentaran o Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras na Capitol, esgotaron as entradas días antes do concerto. E non foi casualidade. Xa van aló 18 anos de rock e punk en galego. A maioría de idade para un grupo que leva oito discos as súas costas e un a piques de estrear, todos co seu toque especial, ese toque especial que os fai ser Ruxe Ruxe e non outros. Esa enerxía desprendida a cada rasgueo de guitarra, cada golpe de batería e cada saxofón e gaita, ademáis das letras. Letras comprometidas, cheas de forza e esencia. Quedamos no Cortello, o seu local de ensaio, para mirar atrás neses 18 anos e falar do Némesis, o seu último traballo que estrearán o sábado na Capitol. Alí os están: Vituco Neira, Xan Pericán, Miguel Duarte, Xaco Barona, Carlos Freire e Mahi, batería de Lady Chatarra que estará a substituír a Sevilla mentres o lombo deste se recupera. É o que ten vivir con intensidade a música. 18 anos son moitos, pero nunca suficientes. E como dixo Vituco ao comezar a entrevista: “nós sempre estamos preparados para o rock and roll”.
Para ler a entrevista completa pincha AQUÍ.
