⑳ Daft Punk - Random Access Memories
Pódese dicir que o 2013 foi o ano no que Daft Punk deron o paso adiante para converterse nunha banda para os MassMedia. Con "Get Lucky" sonaron en tódolos recunchos do planeta, conquistaron a calquera tipo de público, dende chonis a amantes da electrónica e volveron a poñer de moda o funk. Quen non tivo a canción pegada na cabeza un anaco?⑲ Vicky Polard - Biolise
Agardei bastante por este disco. Dende que me enganchei ao seu disco anterior "42" estaba desexoso de novo material da banda. Volven cun son máis cañeiro e mostrandonos novas sonoridades respecto do disco anterior. Unha mágoa que so sexan tres pezas, deixan con ganas de máis... e iso é boa sinal!
Outro disco polo que agardei de carallo. O primeiro disco da banda saiu no 2010 e dende aquela dinlle mil voltas ao vinilo, o meu corpo pedía máis cancións de Fluzo...e os meus desexos foron concedidos!!! Nun primeiro momento foi un pouco baixón que despois de tanto tempo sacaran un traballo de tan só dúas cancións, pero dúas son mellor que nada! Atopamos unhas pezas de caracter intimista e de escoitar con calma deixandote perder no universo sonoro dos 8bits. Se chega a ser un album enteiro abofé que estaría mais alto na lista, agardemos que non tarden tanto en sacar un disco novo!
⑰ Ghost - Infestissumam
Si, Iván Ferreiro na miña lista... pensade o que queirades. Escoitade o disco e igual vos tedes que tragar os vosos prexuizos, como fixen eu no seu dia. Cancións pegañentas como "Como conocí a vuestra madre" ou hipnoticas como "El Bosón de Higgs" son suficiente razón para colocar o disco no posto onde está.
⑮ Extremoduro - Para todos los Públicos
Disco que se beneficiou en boa parte da polémica que xeraron as filtracións previas. Atopoo como unha mistura de "Yo, minoría absoluta" e "Material Defectuoso", ousexa, atopamos temas rocanroleiros pero tamén pezas longas, cercanas ao rock progresivo e de caracter intimista. Penso que esa é a tesitura onde Extremoduro se atopan máis cómodos, "Que borde era mi Valle" parece algo forzado, un "quero e non podo" volver aos vellos tempos. De feito, para min as grandes pezas triunfadoras deste disco son as que abren e pechan o traballo (casualidade?) e xa só por esas dúas grandes cancións este disco está na lista.
Non coñecía á banda ata que escoitei este disco. Rock n roll e hardcore por un tubo. Levei unha grata sorpresa, gran descubrimento !!!
Houbo bastante expectación nos medios musicais por este disco, e non foi sen fundamento. Non é o "Songs for the Deaf", senón que vai un paso máis alá cara a psicodelia e os sons atmosféricos. Tamén ten bastante parte de melodía, pinceladas pop e incluso unha colaboración de Elton John. Destacar tamén unha portada caralluda. Un par de escoitas e estarás enganchado como se fose heroína!
É un traballo bastante interesante. Alonxanse dos sons electronicos do disco anterior para basearse nun son máis acustico e orgánico, pero sen deixar de lado os elementos que fan que o grupo triunfe, a pista de baile e os estribillos melancólicos/pegañentos. O inicio do disco coas cinco primeiras cancións é espectacular, hit tras hit. Parece que este traballo supuxo un éxito para a banda, que o petaron alá a onde foron ao longo do 2013, de feito foi unha mágoa non poder ter ido a velos á Capitol cando estiveron en setembro, pero levaban as entradas esgotadas dende facía mil.

Un novo disco de DKTC sempre é unha noticia caralluda, aínda que sexan solo dous temas. Un deles facendonos un breve resumo dos 10 anos de existencia do colectivo e outro con temática de rabiosa actualidade, sen deixar de lado a retranca de Ordes! Con estes dous temas volven a ocupar o seu sitio no Trono de Ferro particular do hip-hop galego.

"Black Metal meets Rock and Roll meets Hardcore meets o que se lles bote por diante". Menuda bandaza que teñen estes noruegos! Cantan na lingua propia do seu país e eso non atenúa o feito que medio mundo se rinda aos seus pes. Con este disco estableceronse como unha das bandas máis potentes da actualidade. Tanto o traballo da portada feito polo cantante de Baroness John Baizley, como os videoclips e a posta en escena danlle á banda o plus dunha estética do máis onírica. Destilan creatividade!
"Atençao, isto nao é rock bravú!" Que alegría levei cando tan só un ano despois de "Ensaio sobre o Silencio" volven á carga con novos trallazos sonoros. Estamos ante posiblemente os temas máis agresivos de Machina ata o momento e volven a dar unha nova lección de elegancia e bó facer na música galega.
Eu non che era moito de Killswitch Engage, cando saíu a noticia que marchaba o cantante Howard Jones e entraba o cantante inicial da banda Jesse Leach, vin videos en directo con él, e vin cómo lle daba unha garra aos temas que Howard Jones non era capaz de dar, ahí foi onde algo fixo "click" na miña cabeza e comecei a engancharme á banda. O disco é o primeiro que sacan con Jesse nesta nova etapa na banda, e quitando a cuestión da voz, non hai moitas máis sorpresas. Tes o que esperas de un grupo coma Killswitch, caña por un tubo e uns estribillos melódicos. Lume!
Outra banda que me sorprendeu gratamente neste 2013. O grupo deu un gran paso con Sempiternal, calaron moitas bocas e recibiron moi boas críticas. O segredo está en temas salvaxes nos que dan unha lección de hardcore metal contemporáneo sen deixar de lado a melodía e a perfecta alquimia cos elementos de música electronica perfectamente integrados nas cancións. Un disco que moita xente debería escoitar, (especialmente metaleiros rancios anclados ao pasado) para decatarse de que só se avanza mirando cara adiante.
Un disco novo da (case)formación orixinal de Black Sabbath despois de 35 anos non é algo para pasar por alto precisamente! O disco está orientado a recuperar os elementos blues da primeira época, ainda que tamén ten bastante protagonismo o elemento doom/stoner do que a banda viña facendo gala nos últimos anos (The Last Supper, Devil you Know de Heaven and Hell). Seguramente cando a xente se lembre de Black Sabbath dentro de 30 anos non mencionarán este disco, pero a pesar de ser algo anecdótico para algúns, hai momentos álxidos nos que nos teletransportamos aos anos 70, a mellor época da banda., con riffs como o de God is Dead ou a harmónica de Damaged Soul.
⑤ Enter Shikari - EP 2013
Enter Shikari tiñan que estar nesta lista sí ou sí. Ao longo do ano foron déronlle saida á sua creatividade co proxecto paralelo Shikari Sound System pero tamén sacaron tempo entre a xira para ir publicando tres pezas acompañadas de videoclips que se recollen neste vinilo. Xa solo por "Radiate" vale a pena o traballo, 100% Enter Shikari. Nas outras duas pezas danse o luxo de experimentar algo máis. No son, parten do punto onde quedaron no disco anterior, pero vislumbrase unha evolución nas melodías da banda, supoño que esto será un EP de transición cara un posible novo traballo en 2014 (ogallá!). Unha mágoa que a edición de vinilo xa se esgotara aos minutos de sair á venda.
Un traballo que contén himno tras himno, cancións que sen dúbida quedarán marcadas na historia do rock galego contemporáneo a ferro e lume e por méritos propios, un disco no que se mimaron os detalles ata o máis mínimo. Un disco no que a producción non lle ten nada que envexar a ningúnha producción ianqui. Isto é o que é "Cancións de Amor e Liberdade" de Nao.
Comeza o podio da lista. As criticas que lin por ahí do novo de Placebo non o poñían moi ben, cheguei a ler que se autoparodiaban a sí mesmos. Non sei se esa xente escoitou o mesmo disco que min. A min pareceume un traballo no que dan un novo alarde de creatividade. En xeral baixaron as revolucións dos temas, sendo o primeiro que da título ao disco o tema máis cañero. O resto das cancións vólvense máis intimistas e lentas, algo que a priori pode parecer unha contra para o disco para min vólvese a súa gran virtude, xa que así a banda permítese meter uns arranxos caralludos e con moito gusto, aparte de contar cunha producción moi traballada. O piano colle máis protagonismo do que nos tiñan acostumados, pero a atmósfera agri-doce característica da banda segue ahí. A modo de promoción, colgaron en YouTube un concerto especial no que tocan a maioría das cancions que conforman do disco, feito que me parece admirable xa que unha banda como Placebo que podía tirar de clásicos e ter aos fans contentos, aposta polas cancións novas e demostran que aínda teñen cousas que dicir.
O grupo revelación para min deste 2013, aposta forte e arriscada para o segundo posto. Coñecinas de casualidade, descargueime o disco e papeime tódalas cancións mil veces. Teñen unha apariencia de tias doces, pero bótanlle ovarios. As irmás Haim fan cancións inspiradas no rock e no funk dos anos 70, moi minimalistas pero efectivas. Tamén meten pinceladas de sintetizadores rollo synthpop e sobre todo (penso que a clave da banda) moita paixón á hora de cantar. A producción e o tratamento do son xogan unha baza moi importante tamén neste traballo. Un LP impecable de comezo a fin.
Sábedes cando vas escoitando un disco e daste conta que molan tódalas cancións? The Next Day de Bowie é isto e máis. Por iso está no alto do meu top 2013. O duque blanco fíxose de rogar pero voltou pola porta grande, ata as cancions que quedaron destinadas ás edicións xaponesa e deluxe son boisimas! Despois de experimentar con sons máis electronicos nos seus últimos discos, Bowie regresa a onde mellor se manexa (e máis exitos colleitou): o rock. Podía facer un pastiche de cancións similares ás que sacou nos 70, pero Bowie é un home do 2013 e por eso optou por facer un traballo de rock contemporaneo, elegante, collendo o camiño dos 70 pero sempre mirando cara adiante (a portada, "tuneanda" do mítico "Heroes" é o exemplo disto). Ese atrevemento dalle unha chea de personaliade ao LP á par de facelo moito máis atractivo. Producción espectacular, son espectacular, pero sobre todo, cancións espectaculares que volven a demostrar que Bowie é unha das figuras clave da historia do rock.
















