///NOVAS///CONCERTOS///MÚSICA///FOTOS///VIDEO///BANDAS///LIGAZÓNS///F.A.Q.///                                     

30/12/13

Que fixen no 2013?


Nesta época do ano na que todo son listas co mellor do 2013, toca recapitular e botarlle unha pensada a qué invertin o tempo no 2013. Aparte de escoitar unha chea de músicatocar nunha chea de sitios molóns, tiven a sorte de poder participar nuns discos dos que un pode estar ben orgulloso:





Para comezar ben o ano, publicouse o "Vai Polos Padriños, Tributo aos 25 anos de Zënzar". Un traballo no que unha chea de grupos galegos nos unimos para rendir homenaxe a Zënzar, que ben o teñen merecido despois de estar tanto tempo ao pé do cañón! No disco, Deseqilibrio Mental versionámos a mítica "Chove" e con Ruxe-Ruxe fixemos "Ratos no Hórreo". Fíxome especial ilusión (e traballo) poder participar no disco coas dúas bandas nas que estou. Lee máis sobre o disco AQUÍ.
O 21 de febreiro publicouse o agardado "Ritmo Serbio" da Terbutalina! De sorpresa total chamáronme para colaborar botándolle uns ouveos xunto unha chea de amigos na peza "Reixa" que pecha o disco. Era a primeira vez que participaba nun disco sen tocar a guitarra, cantar non é precisamente o meu forte, pero molou moito! Lee o que comentei no seu dia sobre o disco pinchando AQUÍ.









Aínda non publicamos o novo traballo de Ruxe-Ruxe, pero fomos soltando un par de adiantos, Terceira Guerra e Contra Todo. Para 2014 oíredes máis del...
Tamén medio de improvisto puiden colaborar xunto co señor Ánxelo de Xermar na peza que remisturou Croma para "Abaixo e de Remix" (decembro 2013) de García Mc, no que varios productores do país remesturan as pezas de "Abaixo e de Pé". Foi a primeira peza publicada na que participo de rollo electrónico, outra faceta máis da que disfruto. Ademáis é unha honra poder estar nun disco con mestres do xénero coma Mou, Paino, Hevi e o propio Croma. Pinchando AQUÍ teredes máis información. 







● A modo de curiosidade, Arinspunk participa na portada de tódolos traballos, facendo o deseño dos tres primeiros discos e "tuneando" a portada de García Mc, feita por Gran Om.

 Tamén me chama a atención que en tres traballos hai algún membro de DKTC implicado, nai que os paríu! ;)

Como vedes, algo fixen este ano, non se publicou ningún traballo propio das bandas nas que estou pero estivemos facendo cousas e ben ocupados. Agardo que 2014 sexa un ano aínda máis productivo do que foi este 2013!