///NOVAS///CONCERTOS///MÚSICA///FOTOS///VIDEO///BANDAS///LIGAZÓNS///F.A.Q.///                                     

15/05/13

Sala Capitol Cancelado !!! Móvese para a Casa das Crechas




O Bule-Bule. Comunicado de cancelación

"Dende o Bule-Bule, concerto programado para mañá xoves 16 de maio na Sala Capitol con Banda Crebinsky, Os da Ría e Ruxe-Ruxe, vémonos na obriga de cancelar o evento por cuestións organizativas de forza maior que nada teñen que ver coas bandas, a sala ou o ciclo Compostela Rock, auspiciado polo Concello de Santiago de Compostela.
Os promotores do concerto pedimos desculpas polas molestias que poidan causarse e trasladamos a todos aqueles que xa adquiriran as súas entradas que poden recuperar de forma íntegra o seu importe nos puntos de venta onde foron compradas"

A nós ninguén nos quita o rocanrol do corpo así que movemos o noso concerto para a Casa das Crechas! ás 22:00 h e 3 ouros de entrada!