///NOVAS///CONCERTOS///MÚSICA///FOTOS///VIDEO///BANDAS///LIGAZÓNS///F.A.Q.///                                     

05/01/12

Xprésate-Oh! (2012)



01 - A Tapa do Delco - Suma
02 - Deseqilibrio Mental - Desencontro
03 - Ecce Homo - A historia do vello Ramón
04 - Glasgow - Quero volver a empezar
05 - Medomedá - Xubidú
06 - Meiga do Norte - Ti non dependes do Mundo
07 - Nemain - Soños que veñen do Tempo
08 - Okeoh - Amigho
09 - Royalties - Misfits
10 - Uruk - A Viaxe (dende Morelia-Mex ata Luou)




Disco recopilatorio das bandas do concello de Teo, feito para a Cabalgata de Reis de 2012. Deseqilibrio regraba nos estudios do Concello o clásico Desencontro co son actual da banda a máns de Adrián Hernández. Entramos a gravar a peza en outubro de 2011, aínda coa marcha da banda de Anxo recente. Como aínda non tiñamos novo cantante fixemos entre todos como coros as partes de unha voz e o resto Tito.

- Jose Piedra (Batería e Coros)
- Piky (Baixo)
- Jimmy (Guitarra e Coros)
- Miguel Duarte (Guitarra e Coros)
- Tito (Voz)

Para a gravación empregamos unha Gibson Les Paul Traditional, unha Gibson SG Standar e un amplificador ENGL Ritchie Blackmore E650. Podes ver fotos da gravación AQUÍ e tamén terás máis información se pinchas AQUÍ.

"Este ano o regalo que traen os reis en Teo foi gravado, mesturado e masterizado no local de ensaio de Calo-Teo durante Setembro/Novembro do 2011 por Adrián Hernandez. Entregarase na cabalgata de Reis. Din que o mundo está a piques de rematar pero nós aquí en Teo aínda temos moito que cantar. Moitas grazas a todos os grupos que colaboraron de xeito desinteresado e a concellalia de Cultura dirixida por Carme Hermida. Durante estes dias iremos poñendo temas...Felices festas e Xprésate-Oh!"


Martiño Noriega


● Podes escoitar Desencontro no bandcamp de Deseqilibrio Mental.