02 - Deseqilibrio Mental - Chove
03 - Invivo - Pensamento
04 - Som do Galpom - O Informal
05 - Nao - A Fin do Mundo
06 - Ruxe-Ruxe - Ratos no Hórreo
07 - Pito de Pikasso - Doutor
08 - Balbordo Público - Tiven un Bar
09 - Compañía do Ruído - Cheira Mal
10 - Medomedá - Dalle
11 - Mr. Kamándula - Nacín Libre
12 - Raiba - E ti que pensas?
13 - K-Raxe - Bourando
14 - Chícharo Psicótico - Cousa Branca
15 - O Jallo Light - Matar por Matar
16 - 16 Os Tres Trebóns e os Homes sen Medo - Tiven un Bar
17 - Dios Ke Te Crew - A Tribu
18 - Secho e os Invisibles - Chegando a Casa
19 - Machina - Cheira Mal
*(escoita o disco na canle de Youtube Tributo a Zënzar)
Por fin un disco tributo (e ben merecido) aos Zënzar, os padriños do rock galego. No programa do 14 de Xaneiro do Planeta Furancho desvelouse a sorpresa e presentaronse os temas e bandas que forman o disco "Vai polos Padriños, Tributo aos 25 anos de Zënzar". (Podes escoitar o podcast pinchando AQUÍ). No disco participan Machina, Invivo, Son do Galpom, Nao, Ruxe-Ruxe, Pito de Pikasso, Balbordo Público, Compañía do Ruído, MeDoMedÁ, Mr. Kamándula, Raiba, K-Raxe, Chícharo Psicótico, O Jallo Light, Os Tres Trebóns e os Homes sen Medo, Dios Ke Te Crew, Secho e os Invisibles. Do deseño encargáronse as ArínsPunk.
Os Deseqilibrio puidemos formar parte deste regalo aos Zënzar (os cales non souberon nada ate o propio dia de desvela-la noticia) aportando a nosa revisión do tema "Chove" do mítico disco "Todo Vai Ben". Só temos palabras de agradecemento para Zënzar por facer camiño nesto do rock en galego, ahí está a nosa humilde homenaxe, xunto a unha chea de bandazas (e amigos) do país. Por outra banda tamén queremos agradecer a Vituco Neira e Mario César por "maquinar" o proxecto, coordinar a tódolos grupos e facer posible que este disco vexa a luz, sen eles sería imposible.
Esta foi a primeira gravación "seria" con Markos Balado "Pajarito" en Deseqilibrio Mental. (Gravamos tamén unha pre-producción caseira duns temas novos). Tamén foi a primeira vez gravamos con Deseqilibrio Mental en Mafia Records (O Carballiño) con Óscar Fernández "Chichi". Estabamos no grupo:
- Jose Piedra (Batería)
- Piky (Baixo e Coros)
- Jimmy (Guitarra e Coros)
- Miguel Duarte (Guitarra e Coros)
- Tito (Voz)
- Markos Pajarito (Voz).
No tema do guitarreo empregamos unha Gibson Les Paul Traditional e unha Fender Telecaster. O ampli foi un Peavey 6505. Podes ver fotos da gravación pinchando AQUÍ.
Este disco é especial para min xa que saen as dúas bandas nas que toco, Deseqilibrio Mental e Ruxe-Ruxe, foi dobre traballo pero tamén dobre recompensa!
No tocante a Ruxe, escollimos versionar Ratos no Hórreo. Intentamos darlle o noso toque persoal e punkarra e gaiteiro. Gravámos en Pousada Son con Iago Pico tódalas pistas agás as baterías, que as gravamos nos Estudios A Ponte. Foi a primeira canción que fixemos con Carlos Freire ao baixo. Polo tanto estabamos:
- Álex Sevilla (Batería)
- Carlos Freire (Baixo)
- Miguel Duarte (Guitarra e Coros)
- Xan Pericán (Saxofón e Coros)
- Xaco Barona (Gaita)
- Vituco Neira (Guitarra e Voz)
Nesta gravación metimos unha chea de pistas de guitarras (eu encantado). Se non lembro mal metimos unha Fender Telecaster, unha Gibson Les Paul Custom e unha Gibson Les Paul Traditional. Estivemos probando o pedal compresor de Diamond (unha maravilla). O ampli foi un Bogner Shiva.
Para rematar, poñemos unha cita do libreto: "Que non crean que isto é un agradecemento. Máis ben un toque de atención para que non se despisten e dentro doutros 25 anos podamos sacar o segundo volume. Que así sexa amigos!"