///NOVAS///CONCERTOS///MÚSICA///FOTOS///VIDEO///BANDAS///LIGAZÓNS///F.A.Q.///                                     

28/05/10

Toleada - Demo (2010)

01 - Teatro da Dor
02 - Non
03 - Sen Aire











Esta è unha gravación curiosa. Pódese dicir que Toleada é o primeiro grupo no que estiven, faciamos metal en galego e versións dos grupos que nos molaban. O certo é que antes tiñamos outro nome, Anesthesia, pero ademáis de que xa existia, decidimos tomar o grupo máis en serio, polo que decidimos cambia-lo nome. Entre Anesthesia e Toleada botariamos tres anos xuntos Gardo moi bos recordos de eses anos! No vello myspace podes atopar máis información do grupo. Eramos:

- Alejandro Iglesias "Micho" - Batería
- Kampi - Baixo
- Miguel Duarte - Guitarra
- Xamán - Voz

Decidimos gravar os temas que tiñamos en Pousada Son con Iago Pico. Na composición de Teatro da Dor participou Juan Manuel Fandiño que trouxo os riffs e a letra da canción en tempos de  Anesthesia . Nas outras dúas pezas fixémos a música entre todos e eu aportei as letras. Na gravación empreguei unha Epiphone Les Paul, unha acústica Taylor e un Mesa Boogie Dual Rectifier. O wah-wah é o Dunlop Crybaby from Hell. Podes ver fotos da gravación AQUÍ.

Se queres descargar a maqueta, pincha en O Toxo Rabudo