///NOVAS///CONCERTOS///MÚSICA///FOTOS///VIDEO///BANDAS///LIGAZÓNS///F.A.Q.///                                     

07/06/09

Reset the World (2009)



01 - Prelude to Insanity
02 - Self Image
03 - Necrofucker
04 - Forsaken
05 - Economic Hitman
06 - Toxic World (Bonus Track)














Foi pouco o tempo que estiven co grupo estradense Mutant Squad. A banda precisaba dun segundo guitarrista para unha serie de concertos que saíran e tamén para a gravación do primeiro EP da banda...así que ahí fun! Xa estaba con Kampi en Toleada así que foi bastante facil adaptarme á banda, aínda que ao mesmo tempo duro de compaxinar, xa que daquela tamén estaba en Deseqilibrio Mental e Toleada. Demos algún que outro concerto salvaxe por ahí  ;) (aínda me lembro do do Hangar77, vaia festaza).

O EP gravamolo no Carballiño, en Estudios Mafia con Óscar Fernández "Chichi". Alí quedamos a durmir tres dias na pensión Toxo e polas noites a catar o licorcafé que tan boa fama ten. Gardo bo recordo de que estando alí tocaron na Sala Jazzmin os colegas da estrada Os John Deeres e xa pasamos a noite con eles.

Na gravación estamos:

- Caki (batería)
- Kampi (baixo)
- Miguel Duarte (guitarras)
- Plá Vinseiro (guitarras e voces)

Empregamos unha Jackson Randy Rhoads, unha Epiphone Les Paul, unha  acústica Taylor e un Peavey 6505. Para dalle un pouco máis de cera ao sonido empregamos un pedal Maxon Overdrive, ademáis do Wah-Wah Dunlop Crybaby from Hell. Pinchando AQUÍ verás algún video da gravación.

Cando se publicou o traballo eu xa non estaba na banda. Incluíuse a modo de bonus track unha das primeiras  pezas da banda, Toxic World, de cando aínda se chamaban Vael.

Pódes escoitar as pezas no reproducto de Goear.
A dia de hoxe a banda reformouse como power trio e  publicou outro EP máis, Social Misfits, o cal podes escoitar AQUÍ, check it out!