Esta foi a primeira gravación que fixen con Ruxe-Ruxe. A peza forma parte do concurso Musicando a Carvalho Calero, organizado por AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración con Komunikando.net. Como ben indica o nome, consistia en musicar algún poema do autor, aos Ruxe pareceunos unha idea caralluda e unímonos, eso si, sen participar nas votacións, fora do concurso. Ten o solo de guitarra máis longo que fixen en Ruxe ata agora ;)
Gravada en Pousada Son con Iago Pico. Daquela estabamos en Ruxe:
- Álex Sevilla (Batería)
- Antón "Torroncho" (Baixo)
- Jimmy Carlitos Wey (Guitarra)
- Miguel Duarte (Guitarra e Coros)
- Xan Pericán (Saxofón e Coros)
- Xaco Barona (Gaita)
- Vituco Neira (Guitarra e Voz)
Para a gravación empregamos unha Gibson Les Paul Traditional, unha Fender Telecaster, un Mesa Boogie Dual Rectifier, un Bogner Shiva e uns toques de Orange Tiny Terror.
- Álex Sevilla (Batería)
- Antón "Torroncho" (Baixo)
- Jimmy Carlitos Wey (Guitarra)
- Miguel Duarte (Guitarra e Coros)
- Xan Pericán (Saxofón e Coros)
- Xaco Barona (Gaita)
- Vituco Neira (Guitarra e Voz)
Para a gravación empregamos unha Gibson Les Paul Traditional, unha Fender Telecaster, un Mesa Boogie Dual Rectifier, un Bogner Shiva e uns toques de Orange Tiny Terror.
Podes descargar a peza dende o bandcamp de Ruxe-Ruxe.
Agardo que vos guste!
