01 - Rock do País
02 - A Deshora
03 - Cancións Macarras
04 - Adiante
05 - Preas
06 - Vellos Punks
07 - Noite de Alimarias
08 - Éche o que Hai
09 - Elvis
10 - Espiñas Espetadas
11 - Entre Cascallos
12 - Carabuñando
13 - Rock and Roll Heroe
14 - Que o demo me leve I
15 - Que o demo me leve II
16 - Whisky e Pandeiretas
17 - Sempre Adiante (por DKTC)
Empregamos unha chea de guitarras para esta gravación: dúas Gibson Les Paul Custom, unha Gibson Les Paul Traditional, dúas Fender Telecaster, unha acústica Gibson J-45 e unha guitarra española Alahambra (non recordo o modelo). Empregamos tamén un Mesa Boogie Dual Rectifier e un Bogner Shiva. Outra curiosidade é que empreguei nun par de pezas un E-bow, un cacharro caralludo para facer ruidiños e atmósferas! Podedes ver fotos da gravación clikando AQUÍ.
Para a promo gravamos dous videoclips con PixelinPhoto, Adiante e Rock do País, sendo este último retransmitido no Xabarín Club, cousa que me fai unha ilusión da hostia. Aínda teño na carteira o carnet de socio do Xabarín, e meu sobriño de tres anos mirame na TV como eu via de pequeno aos Diplomáticos ou aos Rastreros!
O disco saíu a rúa o 31 de marzo de 2012, cun concerto presentación na Sala Capitol de Compostela impresionante, no que esgotamos tódalas entradas. Foi unha noite para non olvidar na que contamos cunha chea de colaboracións, e sobre todo tivemos o apoio máximo da xente que nos rodea. O documental "O ke tiña que pasar, pasou" de Jose Chazo da boa fé disto.
Disfrutadeo!
Que dicir deste disco? O meu primeiro traballo de longa duración para Ruxe. Unha das gravacións das que estou mais orgulloso. Tódol-os membros do grupo intentamos dar o máximo de nós mesmos e gravar o mellor disco da banda. Aquí estamos:
- Álex Sevilla (Batería)
- Antón "Torroncho" (Baixo e Coros)
- Miguel Duarte (Guitarra e Coros)
- Xan Pericán (Saxofón e Coros)
- Xaco Barona (Gaita)
- Vituco Neira (Guitarra e Voz)
Á hora de compoñer as cancións tentamos facelas moi diversas, o que me permitiu abrirme a estilos que ata o momento non tivera a ocasión de practicar máis que na casa. Tamén intentei darlle o meu toque persoal ás pezas, agardo que se notara. Puxémonos en mans da produción Javier Abreu no seu Oceano Estudio de Nigrán para poder sacar o máximo xugo ás cancións. Houbo pezas que cambiaron de arriba abaixo no estudio. De novo, aprendin unha chea gravando con este home.

Tivemos a sorte de contar cuns colaboradores de luxo, Bocixa de Zënzar e Esteban de Skacha para Rock do País, Roi Maceda de Quempallou ao acordeón en Preas, A Deshora e Que o Demo me Leve e Xabier Diaz de Berrogüetto nas pandeiretas e pandeiros de Rock do País, Éche o que Hai e Whisky e Pandeiretas. Por outra banda, tamén xurdiu a idea de mandarlle as pistas dunha das canción aos Dios Ke Te Crew para que fixeran con ela o que lles petase, e fixeron unha maravilla de canción, Sempre Adiante por DKTC, da que estamos abraiados!
Da portada encargouse Arinspunk coma de costume, e abofé que fixo un bo traballlo! Se pinchades AQUÍ poderedes ler a explicación da arte do CD.
Empregamos unha chea de guitarras para esta gravación: dúas Gibson Les Paul Custom, unha Gibson Les Paul Traditional, dúas Fender Telecaster, unha acústica Gibson J-45 e unha guitarra española Alahambra (non recordo o modelo). Empregamos tamén un Mesa Boogie Dual Rectifier e un Bogner Shiva. Outra curiosidade é que empreguei nun par de pezas un E-bow, un cacharro caralludo para facer ruidiños e atmósferas! Podedes ver fotos da gravación clikando AQUÍ.
Para a promo gravamos dous videoclips con PixelinPhoto, Adiante e Rock do País, sendo este último retransmitido no Xabarín Club, cousa que me fai unha ilusión da hostia. Aínda teño na carteira o carnet de socio do Xabarín, e meu sobriño de tres anos mirame na TV como eu via de pequeno aos Diplomáticos ou aos Rastreros!
O disco saíu a rúa o 31 de marzo de 2012, cun concerto presentación na Sala Capitol de Compostela impresionante, no que esgotamos tódalas entradas. Foi unha noite para non olvidar na que contamos cunha chea de colaboracións, e sobre todo tivemos o apoio máximo da xente que nos rodea. O documental "O ke tiña que pasar, pasou" de Jose Chazo da boa fé disto.
Podes mercar o disco a través de Oplup.com ou descargalo de balde dende o Bandcamp de Ruxe-Ruxe.
Disfrutadeo!