///NOVAS///CONCERTOS///MÚSICA///FOTOS///VIDEO///BANDAS///LIGAZÓNS///F.A.Q.///                                     

01/02/11

Con Q sin U (2011)

01 - Intro (Con Q sin U)
02 - Fartos Xa!!!
03 - América Non!
04 - Nada hai que Facer
05 - Na Casalonga Rocanrol
06 - Planeta Porco
07 - Único e Meirande
08 - Onde Estás?
09 - A Conta Atrás
10 - Serei Deus, Serei Alcalde
11 - Rimeik
12 - Iba Polo Milladoiro




O primeiro disco de longa duración de Deseqilibrio Mental, no seu dia tamén foi o primeiro longo que gravaba. Fixemolo nos estudios Pousada Son (Ames, GZ) con Iago Pico aos mandos e Diego López botando unha man. Comezamos a gravalo en 2009 con calma para editalo finalmente o 1 de febreiro de 2011 a través de Lobicán Records

O disco gravámolo os que estabamos na formación daquela:

- Jose Piedra (Batería)
- Piky (Baixo)
- Jimmy (Guitarra)
- Miguel Duarte (Guitarra)
- Tito (Voz)
- Anxo (Voz)

Contamos cunha chea de colaboracións de amigos na peza "Iba polo Milladoiro" Vituco Ruxe-Ruxe, Wes e Carlos de Astarot, Markinhos MeDoMedÁ, Mario Invivo, Martin Machina, Maria Indana ou Bocixa Zenzar e Deví. O deseño do disco correu a cargo de Jose Chazo.

No tema das guitarras lembro que empregamos unha Gibson Les Paul Studio, unha Gibson Les Paul Vintage, unha Gibson Les Paul Tradition, unha Gibson SG e unha guitarra acústica Taylor. No tema de amplificadores empregamos un Mesa Boogie Dual Rectifier para a gravación. Tamén empregamos un wah-wah Dunlop Crybaby from Hell e o Digitech Whammy. Pincha AQUÍ para ver fotos da gravación do disco.


Podes mercalo online en Toupa.net ou en Spotify
● Mercalo en Compostela en:
- Bar A Medusa
- A Gentalha do Pichel
● Descárgao de balde no BandCamp de Deseqilibrio Mental, no Toxo Rabudo ou en GZ Música

Grazas a este disco fixemos unha xira presentación de máis de vinte concertos por toda Galicia e moita xente comezou a escoitar ao grupo. Se pinchas AQUÍ irás ao blog de Deseqilibrio onde verás todo o relacionado co disco (concertos, críticas, etc..)