///NOVAS///CONCERTOS///MÚSICA///FOTOS///VIDEO///BANDAS///LIGAZÓNS///F.A.Q.///                                     

18/03/11

Canta historia na Barriada, XX anos de Skacha (2011)



01 - Keltoi! - Sempre Ceibes
02 - Skarnio - O Viño
03 - Otra Birra!
04 - Saldos Arias - Por Cambiar

05 - Transilvanians - The Ghost of Bouzas
06 - Reductorxs de Cabezas - Promesas
07 - Escayolas Basilio - Ben te Foden
08 - Arenga - Víctimas
09 - Dakidarría - A Message to you Skacha 
10 - MPD - Entre la gente
11 - Ruxe-Ruxe - Afundido no Lixo
12 - Kagada Humana - Toxic Percebe
13 - Invivo - Sementa
14 - The Chiripitiflautics - Skacha
15 - Francisco Franco Hardcore Foundation - Las Ganas de Luchar
16 - Falperrys - Non bebo máis e menos tampouco



Moi contentos quedamos con esta peza. Estabamos no medio da gravación de "Máis Cancións sobre Toxos Cardos e Silveiras" cando nos avisaron que se estaba argallando un tributo a Skacha. Para cambiar un pouco de aires, fomos a Pousada Son e xunto con Iago Pico démoslle duro. Ao principio barallamos entre A Ferro e Lume, Guns of Bouzas e Afundido no Lixo,  lembro que nos decidimos por esta última  visitando a praia das Catedrais en Rivadeo, volvendo de tocar no Sauga-Folk en Cantabria.

Para gravar empregamos unha Les Paul Traditional, unha Les Paul Custom e algún detalle de Fender Telecaster. Nos amplis empregamos un Bogner Shiva e un Orange Tiny Terror. Nos Ruxe estábamos daquela:

- Álex Sevilla (Batería)
- Antón "Torroncho" (Baixo)
- Miguel Duarte (Guitarra e Coros)
- Xan  Pericán (Saxofón e Coros)
- Xaco Barona (Gaita)
- Vituco Neira (Guitarra e Voz)

Lembro tamén a presentación do disco, na Sala Inferno de Vigo (onde me roubaron a miña querida sudadeira dos Misfits doutra volta que tocamos alí con Ruxe). Foi a primeira vez que vin en directo a Skacha e por desgraza a última xa que foi o seu concerto despedida. Alí puiden mercar orixinais os discos "A Ferro e Lume" e "4"Vaia bandaza, sempre Skacha!  

Podes descargar a nosa peza dende o Bandcamp de Ruxe-Ruxe e o disco enteiro dende este LINK. Recomendovos que se podedes, merquedes o disco xa que ten unha edición física caralluda da que só se fabricaron 600 copias así que en pouco tempo convertirarse nun obxecto de coleccionistas! :)