CD I (Tributo)
01 - The Homens - Abdul
02 - Safari Orquesta - Sector Naval
03 - Toni Lomba & Elio dos Santos - Himno dos Percebes Benz
04 - Novedades Carminha - Pupurri
05 - El Puto Coke - Galicia Sitio Distinto
06 - Ataque Escampe - Música Feliz
07 - A Magnifique Bande dos Homes sen Medo - Compañeiro
08 - Metralletas Lecheras - Minusválida
09 - Roberto Sobrado - Atlántico
10 - Miki Nervio and the Blues Makers - Zoo Lóxico
11 - Ultraqäns - Alcoholica
12 - DasKapital - Jet Society
13 - Orquesta Alma Latina - Cumbia China
14 - O Sonoro Maxín - Tumbao
15 - Transilvanians - En Kampuchea
16 - Os Tres Trebóns - Economía Sumerxida
17 - Ruxe-Ruxe - Fai un Sol de Carallo
18 - Pulpiño Viascón - Bambán
19 - In the Guetto - Emilio José
CD II (Grandes Éxitos)
02 - Abdul
03 - Sector Naval
04 - Himno dos Percebes Benz
05 - Galicia Sitio Distinto
06 - Música Feliz
07 - Compañeiro
08 - Minusválida
09 - Atlántico
10 - Zoo Loxico
11 - Alcoholica
12 - Jet Society
13 - Cumbia China
14 - Tumbao
15 - En Kampuchea
16 - Economía Sumerxida
17 - Bamban
18 - In the Ghetto
19 - Galicia Canibal (Fai un sol de carallo) - Boca Seca Mix
Esta foi a segunda gravación que fixen con Ruxe-Ruxe. Cando nos enteramos de que se estaba a xestar un disco tributo aos Resentidos démoslle voltas á cachola para escoller o tema a versionar. Non sabiamos se ir ao típico ou buscar unha peza máis rara. Ao final botámoslle un par, armámonos de valor para facer unha versión do tema por excelencia dos Resentidos: Galicia Canibal.
Para esta ocasión fumos aos Estudios Océano de Nigrán (onde a banda xa gravara "Na Fura de Diante") con Javier Abreu. Foi unha curiosa toma de contácto co tema da producción profesional, a cargo de Javier. Aprendin moito gravando con él tanto nesta peza como "Máis Cancións sobre Toxos, Cardos e Silveiras". Leva as cancións a outro nivel de profundidade, falando de arranxos. Lembro que viñera flipando con Javier de volta da gravación na furgoneta.
Comezamos a gravar a canción en outubro de 2010, pero non a rematamos ata comezos de 2012. Non tiñamos prisa por entregar a peza así que tomámonos todo o tempo do mundo para deixala ben aqueladiña. Xa aproveitamos tamén para masterizala nos Mastering Mansion de Madrid xunto as pezas do disco "Máis Cancións sobre Toxos, Cardos e Silveiras". Sobra dicir que quedamos moi contentos co resultado!
Lembro que gravamos cunha Gibson Les Paul Traditional e unha Gibson SG standard. O ampli foi un Mesa Boogie Dual Rectifier. Daquela no grupo estabamos:
- Álex Sevilla (Batería)
- Antón "Torroncho" (Baixo)
- Jimmy Carlitos Wey (Guitarra)
- Miguel Duarte (Guitarra e Coros)
- Xan Pericán (Saxofón e Coros)
- Xaco Barona (Gaita)
- Vituco Neira (Guitarra e Voz)
O disco publicouse en Maio de 2012. Non é íntregro de Ruxe pero é a primeira vez que sae algo meu nun disco dobre, sempre mola! De momento podedes mercar o disco nas tendas do país ou escoita-lo en Spotify.
